Pesquisas de bitácoras en ghallegho

SARGADELOS EN PERIGO

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo

Tódalas entradas

Arquivo para xaneiro, 2008

Pedras Vivas (con fotos)

Acabo de montar o vídeo de "Pedras Vivas" con fotos, e despois de colgalo en youtube, enlázoo na bitácora. Así poderase comparar co anterior

PEDRAS VIVAS II

Actualización!!

O mesmo vídeo pero con outra B.S.O.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hai uns días celebrouse en Aguiño unha asamblea na que se presentou un vídeo sobre a loita contra o chapapote.
Despois de catro anos do desastre hai cousas que seguen prácticamente igoal, sobre todo en canto ás medidas de prevención e medios para evitar un suceso como o devandito.
Ademáis, hai zonas que inda están cheas de chapapote.

Vídeo "Aguiño, como sobrevivir ó Prestige"

Pedras con chapapote no Perico en Couso, Aguiño. Imaxes tiradas o 28 do Nadal do 2007

chapapote1.jpg

chapapote3.jpg

chapapote.jpg

A última imaxe é dos depósitos de chapapote que despois de catro anos seguen na explanada do peirao. Foto tirada o 9 do Nadal do 2007.

depositos-de-chapapote.JPG

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Pedras Vivas

Un dos primeiros vídeos que fixen foi o das pedras vivas, inspirado polo finado do cura d´Aghiño.

A calidade é bastante probe, así que farei outro montando fotos con bastante maior calidade.

Pedras Vivas. Cap. 1

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

As farolas que máis molan

Hai que recoñecer que en Aghiño non hai moitos monumentos, sobre todo tendo en conta que é unha parroquia relativamente nova, pero algho aínda hai, anque ó paso que vamos non haberá moito do que podamos disfrutar. Unha das esculturas das que poderíamos presumir é iste cruceiro que está no porto, pero a incompetencia do concelleiro de urbanismo rodeouno dunhas farolas (por chamarlle dalgunha maneira) que non poderían ser máis horribles. Consisten nunha barra de ferro galvanizado á que se lle acoplaron unhas pantallas fluorescentes, desas que se poñen nos sotos ou nos gharaxes. Na miña vida como profesional do ramo vin algho tan cutre. Polo carallo ás foron poñer na praça do concello ou diante da casa do responsable de urbanismo. È unha pena que arruinen o pouco que temos nas parroquias deste concello, xa esqueçidas dende sempre. Farolas do Carallo

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A illa de Sagres

A illa de Sagres conforma xunto co Perico en Couso unha corredoira estreita pola que pasan os barcos cando saen do porto de Aguiño cara os bancos pesqueiros situados ó norte da ría. Só se pode pasar por alí cando o mal tempo non o impide, xa que está plagado de trampas en forma de pedras. Ista imaxe foi tirada dende a praia de Seleiráns, nun día de maruxia, que como se observa, a forza do mar arrastra o argazo ata a praia. Illa de Sagres

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Parque natural do vilar

O auténtico buscador ghallegho

jujel

Imaxes da terriña

A lúa ten tanta influença en nós que é interesante sabela súa fase.

O DÍA MAILA HORA

Os artigos publicados neste mes

xaneiro 2008
L M M X V S D
    feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
3K2 theme by Hakan Aydin