Pesquisas de bitácoras en ghallegho

SARGADELOS EN PERIGO

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo

Tódalas entradas

Archive for Marzo, 2008

Un tocadiscos.

Hoxe estiven de ruta por Corella, un pobo do sur de Nafarroa. Estiven cun cliente ó que xa lle fixera unha baixa nun bazar que tiña neste conçello. Aquel día preghuntinlle por un tocadiscos que tiña e díxome que vendía todo o que había dentro, pero o tocadiscos tíñaoo apalabrado cun marroquí.

Hoxe, cando me atopín con el lembrei o tocadiscos e interesinme por el, e cal foi a miña sorpresa cando me dixo que volvía a estar á venda. Así que preguntéille cánto valía e respostou 90 euros.Primeiro parecéume pouco, pero cando iba pra casa xa non o tiña moi claro.

De calquer xeito foi unha boa inversión, e só me falta a aghulla e logho ...a bailaaaaar!!!

Veloeiquí está:

O tocadiscos

Chuzame! chuzame -

A Nafarroa é unha rexión relativamente pequena dentro da península ibérica, coma unha provincia ghalegha máis ou menos. Inda así ten unha variedade de paisaxes envidiable. Dende a alta montaña ata o deserto pasando polas ghrandes leiras de cereais.

Nesta imaxe a serra de Aralar enmarca unha paisaxe extrema, que conforma ós seus habitantes e ás súas formas de vida.
Ó norte da Serra de Aralar, en Nafarroa, preto da raia con Gipuzkoa

Chuzame! chuzame -

Modificando a faciana da bitácora

Pouco a pouco vou descubrindo novos aspectos da bitácora pra ir desenrolándoa ó meu xeito. A verdade é que ten a súa historia isto, pero fedellando por eiquí e por aló atopo novas cousas pra incorporar, anque inda se me resiste o máis importante, que é o encabezamento.

As que seguen son unhas imaxes de bastante mala calidade, xa que foron extraidas dunhas grabaçons de vídeo. Todas elas son de Nafarroa

cap0055.jpgSerra de Alaitz nevadaMuiños de vento na serra do Perdón. NavarraBoitres nunha granxaHiga de Monreal nevada. Iruña

cap0004.jpg

Chuzame! chuzame -

Highway to hell

Aviso para domingueiros,visitantes e calquera que pase pola rúa da Xunqueira cara a Rascacú!!!.

O carril da corredoira remata sen aviso. Xirar a esquerda en canto te topes cun pinar!!!!!!!.

Foto tirada en Aguiño (no roeiro de Rascacú) a véspora do Nadal do 2007.

Carretera ó inferno

Chuzame! chuzame -

GALIZA NON SE VENDE

Recollo éste manifesto co cal comparto tódolos puntos, da bitácora de "Galiza non se vende".

...quedamos só nós, a cidadanía, o pobo autoorganizado, para defender unha vez máis esta Terra de tanta desfeita.
E por iso estamos aquí.
Para amosar que aínda mantemos intacta a nosa dignidade de pobo que non quere morrer.
Para denunciar que Galiza está a ser transformada nun deserto de monocultivos forestais, formigón e polución.
Para esixir o cumprimento das leis.
Para defender a paisaxe, a natureza, a Terra, a nosa identidade e a nosa forma de vida.
Para converter este domingo nun día radiante de esperanza para a terra dos nosos pais e dos nosos fillos, para a vida e para o noso ameazado planeta.

 

O TOXO

 


 

 

Chuzame! chuzame -

Parque natural do vilar

O auténtico buscador ghallegho

jujel

Imaxes da terriña

A lúa ten tanta influença en nós que é interesante sabela súa fase.

O DÍA MAILA HORA

Os artigos publicados neste mes

Febreiro 2008
L M M X V S D
« Xan   Mar »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829  
3K2 theme by Hakan Aydin