Archive for Marzo, 2008
Algho que caracteriça a unha terra é a arquitectura. E refírome á arquitectura popular
Nos tempos nos que estamos, e coa preocupaçión pola deghradaçión do medio, a arquitectura xogha un papel fundamental. Os nosos antepasados construían as súas casas dun xeito moi determinado, que era como consecuençia da climatoloxía e das materias primas fundamentalmente, que existían no lughar, de xeito que se integhraban armóniosamente alí onde se façían.
Un destes materiais que se empreghaban por aquí eran as cunchas de vieiras, en concreto a valva plana.
Normalmente a función que tiñan era protexer o "penal" da casa da humidade, xa que se orientaba cara o sur suroeste, i é por onde entran as borrascas na ría. Recubríase totalmente a parede (normalmente con só unha ventena pequecha na parte alta)dende abaixo a arriba montando un poquiño ençima unhas de outras, e peghadas con cal?. Así, conseghuíase unha proteçión total, unha integhraçión perfecta e unha reçiclaxe como non se coñeçe nos nosos días.
Iste é lo, o chas carraschás das veiras, a percusión das casas feita parede.
Por todo isto, coido que o futuro da construçión debería ser bioclimático, e os que máis nos poden aprender son os nosos anterghos, porque xa fai "moitísimos" anos aquí façíanse vivendas bioclimáticas.
Arquitectura popular é ighual a arquitectura bioclimática
chuzame - Çementar ou recuperar?
Construir ou non construir?
Façemos unha urbaniçaçión ou un "hotel", ou recuperamos o que no seu día foi un monte?
Ista posiblemente sexa unha preghunta que se fan moitos veçiños de Castiñeiras, parroquia de Sta. Uxía de Riveira.
Na punta da pequena bahía que conforma o porto de Castiñeiras levantábase unha fábrica de conservas, nun lugar privilexiado no que antes había un pinar, desapareçido ó construila fábrica. O dilema amósasenos a raís dun incendio (provocado?) que devorou a fábrica de marras, o cal espertou o interés urbanístico do lughar. Pareçe ser que os propietarios son xente influinte ( e foráneos) e non está moi claro que queren façer.
Ista debería ser, dende o meu punto de vista, unha oportunidade única para darlle a ésta terra o que se mereçe despois de tantos anos de abandono e desidia por parte das autoridades ( tanto locais como rexionais).
Recuperar éste belo enclave para o disfrute da xente sería o máis adecuado, façer un pequeno parque onde poder estar tan preto do mar, un lughar que serviría tamén pra calquer çelebraçión do pobo, como as festas partonais, onde os cativos poidexen xoghar e os vellos tomalo sol nas tardiñas do vrán.
Un lughar, en definitiva, onde o çemento estivese desterrado.
SEÑORES GHOBERNANTES, VELAEIQUÍ TEDES A VOSA OPORTUNIDADE PARA RECUPERAR A CONFIANÇA DO POVO
Porto de Castiñeiras
Aquí dous enlaces as imaxes da fábrica
Fábrica. 1
Fábrica.2
chuzame - Ista semana çelébrase en Sta. Uxía de Riveira un çiclo de çinema soçial (entre o Mércores e Xoves), onde se poderá ver o documental "Cabo Verde sabi", con guión e dirección de Manuel Masada e Xosé A. Moure, ademáis das curtametraxes "Binta e a grande idea" de Javier Fesser, "Vilaboa, mirando á Meca", con guión de Cristina Feal e Patricia Martínez e dirixida por Álvaro Gago e "Mundo bazar" dirixida por Sabela Pernas e guión desta última e Marta Ramos.
Dito isto, quero feliçitar ó conçello de Santa Uxía e concretamente á conçellería de cultura pola iniçiativa. Xa iba sendo hora de que na nosa bisbarra se çelebrasen actos deste tipo, que inda que non é unha terra reçeptora de inmighrantes, xa hai uns cantos. De feito, moitos barcos completan as tripulaçións con xente doutros paises, o que fai que cada ves haxa máis. Ata tal punto que en Aghiño xa viven alghúns.
Espero que as autoridades (o conçello) aprenda ca experiençia doutros lughares (experiençias neghativas e positivas) a tratar un tema tan delicado. Dende logho, actuaçións deste tipo son as que fan falta nuns tempos nos que os inmighrantes son considerados por moitos cómo perxudiçiais pra nosa terra, esqueçendo que NÓS tamén fumos (e somos moitos aínda) inmighrantes.
Polo tanto, benvida ista iniçiativa do Conçello, e que se repita tódolos anos, e a poder ser, se amplie con outras moitas.
Riveira
ACTUALISAÇIÓN
Por çerto, que tamén se çelebra a ghran Festa da Choiva no fin de semana. A bailaaar
chuzame -
Dende aquí quero reivindicalo emprego da boina en detrimento das viseiras e outros puchos que leva a xente hoxe en día. Dignificala boina é dignificala nosa terra e a nosa cultura, polo tanto, a mellor maneira de façelo é poñéndoa, o que fago dende fai uns meses.
Pareçe ser que cheghou de Europa vía Françia a primeiros do século XIX, empregábase en toda a península e estaba asoçiada ás clases baixas da época.
Durante as gherras carlistas foi adoptada polos gherrilleiros, e dende aquela é símbolo cultural dos países vascos, i eu diría que tamén dos ghalleghos, anque se empregou en toda Europa. Máis informaçión aquí
Istas últimas fotos foron extraidas da "vos de Ghaliçia", do álbum "fotos antighuas de Ghaliçia
chuzame - Na bitácora "La otra agenda" coméntannos a posible censura dun vídeo de Amnistía Internacional
chuzame - 









