Tódalas entradas



A boina ghallegha
Dende aquí quero reivindicalo emprego da boina en detrimento das viseiras e outros puchos que leva a xente hoxe en día. Dignificala boina é dignificala nosa terra e a nosa cultura, polo tanto, a mellor maneira de façelo é poñéndoa, o que fago dende fai uns meses.

Pareçe ser que cheghou de Europa vía Françia a primeiros do século XIX, empregábase en toda a península e estaba asoçiada ás clases baixas da época.

Durante as gherras carlistas foi adoptada polos gherrilleiros, e dende aquela é símbolo cultural dos países vascos, i eu diría que tamén dos ghalleghos, anque se empregou en toda Europa. Máis informaçión aquí

A experiençia O patrón. Abelardo MiguelMigheliño

Istas últimas fotos foron extraidas da “vos de Ghaliçia”, do álbum “fotos antighuas de Ghaliçia

Periodista entrevistando a paisanoVello traballando


6 Responses to “A boina”

  1. 1 Suso

    Eu há tempo que tenho ganas de mercar umha boina, mais nom sei nem por onde podo começar as pesquisas :/

    Estou moi de acordo enquanto ao de dignifica-la… a última vez que estivem em Euskal Herria, o ano passado, estabam a pôr-se de moda as txapelas… lá esta a se revalorizar o seu e as casas rurais que nos 80 vendiam por quatro perras som agora um pequeno luxo.

  2. 2 cruxens

    Benvido a este espaçio, Suso. Eu merqueina en Santiagho, pretiño da catedral, e se non lembro mal creo que foi na “rúa do vilar”, nunha tenda pequerrecha que se chama Sombreirería Iglesias. Téñenas de varios tamaños, dende as txapelas vascas ata a típica boina ghallegha.
    É unha pena que se non se vexa moita xente con ela por Ghaliçia, pero é ben çerto que en Nafarroa hai moitas persoas que a levan, e non é raro atopar xente nova con ela.
    Eiquí todo o mundo se che queda mirando, e dame a impresión que máis dun con envidia, pero poucos son os que se atreven a poñela. Non quero presumir de valente, pero ghustaríame que co meu exemplo alghén máis se animara a levala. Teño que recoñeçer que ás veçes non é fáçil soportar que todos che miren cando entras nun sitio, pero fagho de tripas coraçon.
    Ghraçiñas polo comentario e a ver se corrémola vos pola blogoesfera.
    Unha aperta e aburiño

  3. 3 migramundo

    Coincido no que dis, aínda que tamén engadiría que hai unha cuestión de estilo. A boina aportao, desde logo. Saúdos.

  4. 4 irakere

    Eu candos sea ghrande ei poñer unha tamén….

  5. 5 Homesdepedra

    Lémbrome de cando neno, a maioría dos homes de mais de 30 anos , sobre todo se eran mariñeiros , adoitaban cubrir a testa coa agora case extinta boina. Será cuestión de modas.
    Cando ollamos un daqueles primeiros filmes documentais que retratan a vida do noso pais nos anos a cabalo entre o século XIX e XX , podemos ver a todos los homes ca caluga coroada con chapeu e con barba ou mostacho .
    Agora todos ben depiladiños , metro-sexuais e co coroamento da testa exposta as miradas alleas.
    Aquí en Muros , no verán celébranse unhas xornadas chamadas MUROS MIRA O MAR e neses día moitos de nos vestimos pantalón negro , camisa branca e como non boina . Pero iso si , sempre tombada un pouco para adiante, que e a forma de levala a xente do mar.

  6. 6 cruxens

    Migramundo: É verdade que aporta estilo, porque un dos comentarios que me fixeron ó respecto foi que pareçía un aristócrata, cousa que me sorprendeu bastante, xa que era a xente humilde quen a poñía.
    Irakere: Xa eres bastante ghrande como pra poñela, non che pareçe?
    Home de pedra: Terei en conta a maneira de levala, anque penso que será cousa de ir probando.


Os artigos publicados neste mes

Marzo 2008
M T W T F S S
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
3K2 theme by Hakan Aydin