Chás carraschás
Published Marzo 26th, 2008 in Antropoloxía. Feito polo home, DenunciaAlgho que caracteriça a unha terra é a arquitectura. E refírome á arquitectura popular
Nos tempos nos que estamos, e coa preocupaçión pola deghradaçión do medio, a arquitectura xogha un papel fundamental. Os nosos antepasados construían as súas casas dun xeito moi determinado, que era como consecuençia da climatoloxía e das materias primas fundamentalmente, que existían no lughar, de xeito que se integhraban armóniosamente alí onde se façían.
Un destes materiais que se empreghaban por aquí eran as cunchas de vieiras, en concreto a valva plana.
Normalmente a función que tiñan era protexer o "penal" da casa da humidade, xa que se orientaba cara o sur suroeste, i é por onde entran as borrascas na ría. Recubríase totalmente a parede (normalmente con só unha ventena pequecha na parte alta)dende abaixo a arriba montando un poquiño ençima unhas de outras, e peghadas con cal?. Así, conseghuíase unha proteçión total, unha integhraçión perfecta e unha reçiclaxe como non se coñeçe nos nosos días.
Iste é lo, o chas carraschás das veiras, a percusión das casas feita parede.
Por todo isto, coido que o futuro da construçión debería ser bioclimático, e os que máis nos poden aprender son os nosos anterghos, porque xa fai "moitísimos" anos aquí façíanse vivendas bioclimáticas.
Arquitectura popular é ighual a arquitectura bioclimática
chuzame -






0 Responses to “Chás carraschás”
Please Wait
Leave a Reply