Calighrafía chinesa
Published Abril 20th, 2008 in Caracteres chinesesDempóis de todo o bombardeo mediático sobre a represión do goberno chinés no Tíbet, os intentos de boicot do facho olímpico, etc... é o momento oportuno para coñecer a cultura china dende outra perspectiva, neste caso ocuparéime dos caracteres chineses, os hàn zì 汉字, xa que levo dúas semanas estudiándoos.
A calighrafía chinesa non é só un vehículo de expresar as verbas, está considerada unha arte en sí mesma, emparentada coa pintura, dança música, coa filosofía, e como non, coa poesía. Por eso, a meirande parte dos calighrafistas dominan tamén as outras artes. Ademáis, deben ser persoas ínteghras e amala xustiza, se non, anque o seu traballo fose bó, non serían tidos en conta polos seus comtemporáneos.
Os vestixios máis vellos que se teñen da lingoa escrita son os que se atoparon inscritos en osos de animais, cunchas de sapoconchos (Jia gu wen) e en obxectos de bronçe (Jin wen), datados en fai uns 5000 ou 7000 anos
Os estilos máis importantes que hai son çinco, cada un cos seus derivados:
.Kai Shu, empreghado dende fai máis de mil anos, a máis nítida e fáçil pra leer.
Xing Shu, ou escritura rápida, a medio camiño entre o tipo anterior e o seguinte
Cao Shu, literalmente "escritura de herba", cursiva, o xeito máis rápido de escribir, e polo tanto o máis difíçil de ler.
Zhuan Shu, escritura de selos, a máis vella e referida ós "Jia gu wen". Non se empregha na vida diaria
Li Shu, escritura de seghunda xeración que apareçeu aló polo siglo II antes da nosa era
Hai tres categorías de caracteres:
Pictogramas, que representan a imaxe da que se fala, por exemplo rén, que significa persoa 人 , ou mù, que é árbore ou madeira 木
Ideogramas, que dan unha idea do que se fala mediante asoçiaçión de pictogramas, qiú que é "preso" 囚 , ou lín que quer diçir fraga 林
Fonogramas, que son os máis abundantes, formado por outro carácter co que comparte pronunçiaçión e se lle acopla outro componente que o diferençie, case sempre un "radical", que ademáis lle da o significado.Neste caso o radical está a esquerda, i é o radical de "auga", shui 水 .
泅 pronunciado "qiú" e significa nadar,
淋 pronunçiado "lín" e quer diçir " mollar, enxoito"
O número de caracteres rexistrado chegha ós noventa mil, anque os máis habituais son uns tres mil quinientos.
Para escribir un caracter chinés hai que seguir un orden que ven dado polos traços do que se compón, que poden ser de varias clases, tilde, línea horizontal, vertical, gancho, etc. Ademáis, considéranse que cada un ocupa un espaçio cuadrado, que ten que encherse cos traços que o forman, de tal xeito que haxa unha armonía entre o neghro da tinta e o branco do papel. Istes dous últimos elementos, xunto co pinçel e o tinteiro forman o tesouro de todo calíghrafo.
Façer unha obra calighráfica é coma pintar un cuadro, hai que ter presente a composiçión xeral así como os aspectos máis pequechos. Alghúns pintores oçidentais, dalghunha maneira aproximáronse a ésta arte nalghúns dos seus traballos, como Miró, o suiço Paul Klee ou o xermano W. Kandinsky
A verdade, cando me embarquín nesta aventura de aprender "mandarín", non me podía imaxinar o descoñeçida que é esta ghran cultura pra min. E tampouco podía pensar que me iba a apasionar tanto, e o mellor é que moi divertido.
Uns exemplos de verbas simpáticas:
饿 È: Fame
哭 Ku: Chorar
了 Le: Partícula de pasado (comparable ó noso "e qué ló!")
马 Ma: Ó final dunha frase convírtea en interroghativa
五 Wu: Çinco
Os meus primeiros pasos nesta difíçil arte
Alghún vídeo
Fuentes:
Caligrafía china, de Chen Tingyou
chuzame -






0 Responses to “Calighrafía chinesa”
Please Wait
Leave a Reply