Subtítulos ou dobraxe?
Published Maio 4th, 2008 in DenunciaCando na tele sae alghén falando nun idioma extranxeiro, ou nos documentais, os responsables de emitilo tenden xeralmente a façer unha traduçión simultánea, polo que se escoita a propia voz orixinal e por riba a voz do traductor, de tal xeito que ás veçes nen oes a un nin ó outro. Penso que se queren façer unha traduçión simultánea o que deberían façer é silençiar o sonido orixinal, se non o resultado é inintelixible moitas veçes e sempre unha chapuça.
De calquer xeito, coido que se debería subtitular, de tal xeito que os que entendan a língoa orixinal poidan oíla, sen neçesidade de traduçión. Así mesmo serviría para que os que non sepan o idioma o poidan aprender, anque sei que unha língoa non se aprende só así, polo menos sí que axudaría.
Os responsables poderían obxetar que si só subtitulan, as persoas çeghas non poderían leélo, algho que non se sustenta porque o mesmo se podería diçir dos xordos co método que empreghan a maior parte das veçes.
Por suposto hai exçepçións, pero cómo se acostuma a diçir, confirman a reghla.
Para rematar con bó sabor de boca, poño unha foto dunha escultura dun mariñeiro con poutada, feito por Xosé de Aghiño, do colectivo Arteleira que non ten nada que ver co artigo, pero saíume bastante ben, dende o meu punto de vista claro (a foto, non a escultura).
chuzame -






0 Responses to “Subtítulos ou dobraxe?”
Please Wait
Leave a Reply