Comentarios en: Escribir ghalegho na rede. http://cruxens.blogaliza.org/2008/05/11/escribir-ghalegho-na-rede/ UNHA XANELA ABERTA Ó MUNDO VIRTUAL Thu, 09 Jun 2011 11:29:34 +0000 hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7 Por: generic viagra http://cruxens.blogaliza.org/2008/05/11/escribir-ghalegho-na-rede/#comment-18169 Sat, 15 Jan 2011 09:06:45 +0000 http://cruxens.blogaliza.org/2008/05/11/escribir-ghalegho-na-rede/#comment-18169 I was kind of addicted to the same thing that you had mentioned in this topic, but after reading your article, I realized that this ain’t what I have to suffer from or experience. I hope to work harder against this addiction.

Regards,
kamagra 100mg

]]>
Por: cruxens http://cruxens.blogaliza.org/2008/05/11/escribir-ghalegho-na-rede/#comment-1981 Mon, 12 May 2008 19:58:55 +0000 http://cruxens.blogaliza.org/2008/05/11/escribir-ghalegho-na-rede/#comment-1981 Ghraçias a ti Migramundo por enriqueçer ista humilde bitácora co teu comentario, e ghraçias tamén pola puntería que demostras cando escribes e por ilustrarnos nas cousas que aconteçen neste mundo. Leerte a tí cada día é abrir un pouco máis os ollos.
Un saúdo.

]]>
Por: migramundo http://cruxens.blogaliza.org/2008/05/11/escribir-ghalegho-na-rede/#comment-1980 Mon, 12 May 2008 16:37:44 +0000 http://cruxens.blogaliza.org/2008/05/11/escribir-ghalegho-na-rede/#comment-1980 Estou de acordo contigo. Últimamente faise moita política á conta das linguas (non o digo por ti), cousa que, sinxelamente, nunca entendín. Eu só falo galego e español e algo de inglés, pero xa quixera ter bo oído para as linguas, cantas máis millor. As linguas naceron para comunicarse, pero hai sectores sociais moi empeñados no contrario, en dividir por empregar unha ou outra lingua, moitas veces argumentando excusas que amosan un grande descoñecemento da historia. Por exemplo, hai sectores que defenden a aprendizaxe de linguas estranxeiras por riba das nacionais porque así creen defender unha forma de entender o mundo máis actual, moderna e “libre”, cando non hai maior liberdade que falar libremente a lingua que un elixa, incluso según para que momento. Moitas desas persoas ignoran que no nome do inglés, do francés, do chinés e mesmo do español cometéronse moitos atropelos á dignidade das persoas, que viron morar a súa lingua pola imposición de outra. O bretón ou o gaélico son bos exemplos diso, máis aínda que no caso do galego. A mediodados dos oitenta, profesores bretóns admirábanse do avance do galego nas escolas (¡nos oitenta!) e contábanme que tiñamos moita sorte de ter unha sociedade tan tolerante e un idioma español menos asoballante. En fin, conteilles algunhas cousas… Para non enrrollarme máis direi que en galego ou en español, en birmán ou en árabe, as persoas debemos facer o posible por respectar as linguas dos demáis, dalas a coñecer e comunicármonos na que cada quen considere, aínda que para entendérmonos nun momento dado usemos unha, que podemos chamar franca, para que a comunicación sexa posible.
Perdón pola extensión, pero cando me lanzo…
Saúdos e grazas polas túas visitas e comentarios.

]]>