Día das Letras Galegas
Published Maio 17th, 2008 in GhalleghoO que ven cheo de frores
e o que vai cheo de soños
ise si que chega lonxe!
Hoxe, 17 do maio do 2008 çelebrámolo "día das letras galegas", adicado nesta ocasión ó editor, erudito, escritor e investighador histórico-arqueolóxico da literatura ghalegha medieval, Xosé María Álvarez Blázquez
O motivo de que sexa ista data na que se çelebren as letras galegas é porque foi cando se publicou os "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, conmemorando así a publicaçión da obra coa que "se ençetou o prestixio contemporáneo da literatura ghalegha".
No 1963, çelebróuse por primeira vez, co gallo do çentenario da publicaçión da obra de Rosalía, mediante a proposta de tres membros numerarios da Real Academia Galega.
Iste día é un bo motivo para arrechegharse un pouco a vida e a obra dos nosos máis importantes intelectuais, xente que defendía e estudiaba a nosa cultura, dignificándoa e sacudindo os complexos que nos foron impoñendo perante séculos.
Álvarez Blázquez alumeou cos seus estudios unha parte da nosa literatura prácticamente esqueçida, mergullándose nos cantares e romances medievais, tentando desentrañar ás orixes ghaleghas neles.
No discurso de inghreso na R.A.G. láiase de que se perderan pra sempre moitos deses romançes e cantares pola falta dalghún editor que se preocupase de editalos, anque aghradeçe á tradiçión oral a conservaçión dos poucos que nos chegharon, ghraçias ós "teimosos beizos populares".
Ghraçias Xosé María por todo o traballo que fixestes, o pobo ghalegho estará sempre en deuda contigho.
Ghraçias por traballar arreo cando non era fáçil façelo na "longa noite de pedra".
Ti e máis eu, miña nena
andamos a brincar
ás casiñas nas praias,
ós navios no mar...
os barcos de papel.
Ti e máis eu nos tornamos
feitos de nacre inxel...
chuzame -






0 Responses to “Día das Letras Galegas”
Please Wait
Leave a Reply