Pesquisas de bitácoras en ghallegho

SARGADELOS EN PERIGO

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo

Tódalas entradas

Archive for the 'Cousas' Category

Tala ileghal de piñeiros pra instalar postes da lus en AghiñoTALA ILEGHAL NO CAMPO DE "MOTOCROSS" EN COUSO, AGHIÑO, PRA INSTALAR POSTES ELÉCTRICOS. IMAXE TIRADA O 20 DE MARZAL DO PRESENTE ANO.

Despóis de varios meses metido no mundillo iste das bitácoras, vou desentrañar un dos segredos que non quería desvelar, pero o tema que quero tratar ten moito que ver. Trátase simplemente de cal é a miña profesión actual, i é que me dedico a electriçidade, en concreto traballo para "Ibertrola", por medio dunha subcontrata en Nafarroa. O cal me dá çerta autoridade pra falar diste tema tan discutido últimamente. Anque na Galiza ista empresa non suministra electriçidade, os datos son extrapolables, xa que as normativas neste eido son prácticamente ighuais a nivel naçional, e se me descoido tamén a nivel europeo.

Pois ben, só quero alumear dentro das miñas podibilidades a cuestión.

En primeiro lughar, como é ben sabido por todos, a partires de Xullo a tarifa nocturna tal como se coñeçe vai desapareçer*, sendo sustituida por outra á cal lle chaman "Discriminaçión horaria(DH), ou Dous Períodos (2P)", polo que se armou un ghran revuelo entre moitos dos consumidores, que pensan que deixaría de existir, sin darse conta que simplemente se modifican as condiçións
O problema prinçipal parte das compañías eléctricas, prinçipalmente por non suministrar informaçión sufiçiente e clara, porque lles dín ós clientes que a T.N. desapareçe e non que existe unha nova que a sustitúe. Logho, os clientes, mal informados pola meirande parte dos medios de comunicaçión armaron as protestas coa axuda das asoçiaçións de consumidores, as cales non informaron a aqueles debidamente. Cheghados a iste punto, simplemente vou façer unha comparaçión entre T.N. e a D.H.

Tomaremos como referençia unha vivenda normal, cunha potençia contratada de 4.6kw, máis que sufiçiente.

T.N: A tarifa nocturna ten un horario de horas valle de 00:00 ata 08:00 e horas punta de 08:00 a 00:00, é diçir, son OITO horas co preçio reduçido e DEZASEIS co preçio con recargho.

D.H: A tarifa de discriminaçión horario ten un horario de horas valle de 22:00 ata 12:00 e horas punta de 12:00 a 22:00, o que significa que temos CATORÇE horas de preçio reduçido e DEZ horas con recargho.

O GhaloAnte istes datos os arghumentos dos que están en contra do cambio (que quede ben claro que a min paréçeme positivo) son que se encareçe o preçio do kw, tanto en horas valle como en horas punta. Pero façendo unha comparativa entre as diferençias de preçio temos o seghinte:

Horas punta: Para un consumo de 100 kw o aumento sería de 2,3047 euros nas horas punta, e de 0,3070 nas horas valle.

Cómo se pode ver, é unha diferençia que se compensa sobradamente co aumento de SEIS horas no tramo "nocturno" (case o dobre que ca TN). Ademáis, se tanto lle preocupa ós consumidores que lles aumente a factura da lus, deberían pensar en aforrar e non derrochar tanta enerxía, porque seghuro que ises mismos non poñen bombillas de baixo consumo, ou non compran electrodomésticos máis efiçientes, etc, etc...

O que está claro, e a conclusión que se pode sacar de todo o dito ata o de aghora, é que primeiro hai que façer "números", e logho poderemos diçir si é mellor ou pior, e protestar ou non. Tamén hai que diçir que os medios de comunicaçión deberían de axudar neste senso, e non enlamar máis, que é o que fan a maioría. Non esquençamos que son un serviçio á soçiedade.

P.D: Os últimos datos dos que dispoño son que debido as protestas dos consumidores (animados polos "mass media") pareçe ser que queren dar marcha atrás no cambio da tarifa nocturna, anque non é nada seghuro.

Tódolos datos sobre horarios e tarifas foron recollidos da páxina web de "Ibertrola".

Chuzame! chuzame -

Rematando a mudança (e dous).

Rematada de façela mudança é o momento das comparaçións.

Vista dende a terraça de Irunlarrea (antes):
Vista dende a terraça. Irunlarrea

Vista dende o balcón de Lur Gorri, Barañáin (aghora): Vista dende o balcón. Barañáin

Chuzame! chuzame -

De mudança

De mudançaDe Irunlarrea a Lur gorri, de Mendebaldea a Barañáin.

Dempóis de dous anos e medio vivindo nun oitavo cambio pra un seghundo piso.
Cántas cousas!! Un non se dá de conta do materialista que se pode cheghar a ser!.

Façer a mudança de vivenda é unha boa oportunide pra façer balançe diste tempo, e mudar tamén outros aspectos da vida.

A ver qué me depara o novo roeiro e os novos compañeiros.

Chuzame! chuzame -

Un tocadiscos.

Hoxe estiven de ruta por Corella, un pobo do sur de Nafarroa. Estiven cun cliente ó que xa lle fixera unha baixa nun bazar que tiña neste conçello. Aquel día preghuntinlle por un tocadiscos que tiña e díxome que vendía todo o que había dentro, pero o tocadiscos tíñaoo apalabrado cun marroquí.

Hoxe, cando me atopín con el lembrei o tocadiscos e interesinme por el, e cal foi a miña sorpresa cando me dixo que volvía a estar á venda. Así que preguntéille cánto valía e respostou 90 euros.Primeiro parecéume pouco, pero cando iba pra casa xa non o tiña moi claro.

De calquer xeito foi unha boa inversión, e só me falta a aghulla e logho ...a bailaaaaar!!!

Veloeiquí está:

O tocadiscos

Chuzame! chuzame -

Parque natural do vilar

O auténtico buscador ghallegho

jujel

Imaxes da terriña

A lúa ten tanta influença en nós que é interesante sabela súa fase.

O DÍA MAILA HORA

Os artigos publicados neste mes

Agosto 2008
L M M X V S D
« Xun    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
3K2 theme by Hakan Aydin