Archive for the 'Denuncia' Category
Verdades e mentiras sobre a tarifa nocturna eléctrica.
0 Comments Published Xuño 8th, 2008 in Cousas, DenunciaTALA ILEGHAL NO CAMPO DE "MOTOCROSS" EN COUSO, AGHIÑO, PRA INSTALAR POSTES ELÉCTRICOS. IMAXE TIRADA O 20 DE MARZAL DO PRESENTE ANO.
Despóis de varios meses metido no mundillo iste das bitácoras, vou desentrañar un dos segredos que non quería desvelar, pero o tema que quero tratar ten moito que ver. Trátase simplemente de cal é a miña profesión actual, i é que me dedico a electriçidade, en concreto traballo para "Ibertrola", por medio dunha subcontrata en Nafarroa. O cal me dá çerta autoridade pra falar diste tema tan discutido últimamente. Anque na Galiza ista empresa non suministra electriçidade, os datos son extrapolables, xa que as normativas neste eido son prácticamente ighuais a nivel naçional, e se me descoido tamén a nivel europeo.
Pois ben, só quero alumear dentro das miñas podibilidades a cuestión.
En primeiro lughar, como é ben sabido por todos, a partires de Xullo a tarifa nocturna tal como se coñeçe vai desapareçer*, sendo sustituida por outra á cal lle chaman "Discriminaçión horaria(DH), ou Dous Períodos (2P)", polo que se armou un ghran revuelo entre moitos dos consumidores, que pensan que deixaría de existir, sin darse conta que simplemente se modifican as condiçións
O problema prinçipal parte das compañías eléctricas, prinçipalmente por non suministrar informaçión sufiçiente e clara, porque lles dín ós clientes que a T.N. desapareçe e non que existe unha nova que a sustitúe. Logho, os clientes, mal informados pola meirande parte dos medios de comunicaçión armaron as protestas coa axuda das asoçiaçións de consumidores, as cales non informaron a aqueles debidamente. Cheghados a iste punto, simplemente vou façer unha comparaçión entre T.N. e a D.H.
Tomaremos como referençia unha vivenda normal, cunha potençia contratada de 4.6kw, máis que sufiçiente.
T.N: A tarifa nocturna ten un horario de horas valle de 00:00 ata 08:00 e horas punta de 08:00 a 00:00, é diçir, son OITO horas co preçio reduçido e DEZASEIS co preçio con recargho.
D.H: A tarifa de discriminaçión horario ten un horario de horas valle de 22:00 ata 12:00 e horas punta de 12:00 a 22:00, o que significa que temos CATORÇE horas de preçio reduçido e DEZ horas con recargho.
Ante istes datos os arghumentos dos que están en contra do cambio (que quede ben claro que a min paréçeme positivo) son que se encareçe o preçio do kw, tanto en horas valle como en horas punta. Pero façendo unha comparativa entre as diferençias de preçio temos o seghinte:
Horas punta: Para un consumo de 100 kw o aumento sería de 2,3047 euros nas horas punta, e de 0,3070 nas horas valle.
Cómo se pode ver, é unha diferençia que se compensa sobradamente co aumento de SEIS horas no tramo "nocturno" (case o dobre que ca TN). Ademáis, se tanto lle preocupa ós consumidores que lles aumente a factura da lus, deberían pensar en aforrar e non derrochar tanta enerxía, porque seghuro que ises mismos non poñen bombillas de baixo consumo, ou non compran electrodomésticos máis efiçientes, etc, etc...
O que está claro, e a conclusión que se pode sacar de todo o dito ata o de aghora, é que primeiro hai que façer "números", e logho poderemos diçir si é mellor ou pior, e protestar ou non. Tamén hai que diçir que os medios de comunicaçión deberían de axudar neste senso, e non enlamar máis, que é o que fan a maioría. Non esquençamos que son un serviçio á soçiedade.
P.D: Os últimos datos dos que dispoño son que debido as protestas dos consumidores (animados polos "mass media") pareçe ser que queren dar marcha atrás no cambio da tarifa nocturna, anque non é nada seghuro.
Tódolos datos sobre horarios e tarifas foron recollidos da páxina web de "Ibertrola".
chuzame -
DEITADO FRENTE Ó MAR...
Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...
chuzame - Cando na tele sae alghén falando nun idioma extranxeiro, ou nos documentais, os responsables de emitilo tenden xeralmente a façer unha traduçión simultánea, polo que se escoita a propia voz orixinal e por riba a voz do traductor, de tal xeito que ás veçes nen oes a un nin ó outro. Penso que se queren façer unha traduçión simultánea o que deberían façer é silençiar o sonido orixinal, se non o resultado é inintelixible moitas veçes e sempre unha chapuça.
De calquer xeito, coido que se debería subtitular, de tal xeito que os que entendan a língoa orixinal poidan oíla, sen neçesidade de traduçión. Así mesmo serviría para que os que non sepan o idioma o poidan aprender, anque sei que unha língoa non se aprende só así, polo menos sí que axudaría.
Os responsables poderían obxetar que si só subtitulan, as persoas çeghas non poderían leélo, algho que non se sustenta porque o mesmo se podería diçir dos xordos co método que empreghan a maior parte das veçes.
Por suposto hai exçepçións, pero cómo se acostuma a diçir, confirman a reghla.
Para rematar con bó sabor de boca, poño unha foto dunha escultura dun mariñeiro con poutada, feito por Xosé de Aghiño, do colectivo Arteleira que non ten nada que ver co artigo, pero saíume bastante ben, dende o meu punto de vista claro (a foto, non a escultura).
chuzame - Campaña de Ghreenpeace pola conservaçión das fragas
0 Comments Published Abril 24th, 2008 in Denuncia, Fotos destacadasGreenpeace está promovendo unha campaña para a conservaçión das fragas do noso planeta. Entrando no seu sitio pódese partiçipar mediante a firma dun manifesto, que se trasladará ós ghobernos para impedir a ultraxe contínua dun dos bens máis universais.
Entra e partiçipa
chuzame - 





