Archive for the 'Deportes' Category
Ruta çiclista pola comarca de Iruña
0 Comments Published Xuño 23rd, 2008 in Deportes, Iruña, NafarroaDende fai uns días cheghou xa o bo tempo, ou mellor dito o calor do vrán e a ausençia de choivas (non se pode considerar bo tempo estar a máis de 35 ghrados dende o meu punto de vista), polo que é unha boa ocasión pra sacala biçi e dar uns gharbeos por eiquí. Na Nafarroa hai moita afiçión polo çiclismo (Induráin naçeu nun pobo á beira de Iruña), i eso nótase máis aghora nestes días despexados, anque normalmente todo o ano se poden ver çiclistas polas estradas dista fermosa terra. Alghúns deles son peleghríns, xa que hai que ter en conta que o camiño de Santiagho cruza os Pirineos pola comunidade foral.
Entón, como non podía ser menos, eu tamén saín ás corredoiras coa miña biçicleta, para ademáis de poñerme en forma descubrir novas paraxes que ata o de aghora eran descoñeçidos pra mín. E abofé que pagha a pena, porque entre outras cousas, aquí hai unha chea de roteiros pra calquer aventureiro profano e con calquer vehículo de transporte
O que está ben claro, e así o ilustra o vídeo que poño a contínuaçión é que o meu estado, físico é deplorable, pero impúsenme como meta melloralo e non baixarme máis do biçiclo no que me queda de vida, así chova ou trone, vrán e inverno, primaveira e outono. A ver si no vindeiro vídeo que colghe non me canta tanto a respiraçión.
Quero excusarme pola mala calidade do vídeo, pero é que non tiña a cámara e ghrabino coa cámara de fotos.
P.D: Xa me esqueçía de poñelo enlaçe da páxina onde encontrei o itinerario diste roteiro. Napar bideak, que ven sendo "rutas de Navarra", e a que fixen en parte aquí.
chuzame - 




