Pesquisas de bitácoras en ghallegho

SARGADELOS EN PERIGO

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo

Tódalas entradas

Archive for the 'Ghallegho' Category

Día das Letras Galegas

O que ven cheo de frores

e o que vai cheo de soños

ise si que chega lonxe!

Pitas
Hoxe, 17 do maio do 2008 çelebrámolo "día das letras galegas", adicado nesta ocasión ó editor, erudito, escritor e investighador histórico-arqueolóxico da literatura ghalegha medieval, Xosé María Álvarez Blázquez

O motivo de que sexa ista data na que se çelebren as letras galegas é porque foi cando se publicou os "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, conmemorando así a publicaçión da obra coa que "se ençetou o prestixio contemporáneo da literatura ghalegha".

No 1963, çelebróuse por primeira vez, co gallo do çentenario da publicaçión da obra de Rosalía, mediante a proposta de tres membros numerarios da Real Academia Galega.

Iste día é un bo motivo para arrechegharse un pouco a vida e a obra dos nosos máis importantes intelectuais, xente que defendía e estudiaba a nosa cultura, dignificándoa e sacudindo os complexos que nos foron impoñendo perante séculos.

Álvarez Blázquez alumeou cos seus estudios unha parte da nosa literatura prácticamente esqueçida, mergullándose nos cantares e romances medievais, tentando desentrañar ás orixes ghaleghas neles.

No discurso de inghreso na R.A.G. láiase de que se perderan pra sempre moitos deses romançes e cantares pola falta dalghún editor que se preocupase de editalos, anque aghradeçe á tradiçión oral a conservaçión dos poucos que nos chegharon, ghraçias ós "teimosos beizos populares".

Ghraçias Xosé María por todo o traballo que fixestes, o pobo ghalegho estará sempre en deuda contigho.

Ghraçias por traballar arreo cando non era fáçil façelo na "longa noite de pedra".

Ti e máis eu, miña nena

andamos a brincar

ás casiñas nas praias,

ós navios no mar...

As casas son de cuncha,Marux�a

os barcos de papel.

Ti e máis eu nos tornamos

feitos de nacre inxel...

Chuzame! chuzame -

Deitado fronte ó marDEITADO FRENTE Ó MAR...

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...

Chuzame! chuzame -

Escribir ghalegho na rede.

Un dos motivos máis importantes polo que empregho o "ghalegho" nos artigos que escribo ou nos comentarios que deixo en outras bitácoras é fundamentalmente porque é a lingoa que mamín, que aprendín na casa dos meus pais e coa que me relaçionín toda a miña vida no meu pobo. Porque é a miña língoa, e sei que non é inferior a nigunha outra. Porque estou fóra da miña terra e neçesito expresarme de vez en cando no idioma que me é propio.
Tamén, sendo consçiente do contaminada que está polo castelán (fundamentalmente na miña comarca) coido que é unha maneira de "purificala", e practicala mediante a escritura.

Sendo o ghalegho unha língoa ofiçial do estado español, coido que se debería de enseñar en todo o país, non só na Galiza, así como as outras língoas ofiçiais (catalán, euskera). Non digho que se aprenda perfectamente, pero polo menos uns coñeçimentos básicos. Unha hora semanal na escola sería sufiçiente, unha asignatura que se podería chamar algho así como "Língoas Ibéricas".

De calquer maneira, penso que se os casteláns fixesen un pequeno esforço por entendalas nosas língoas, poderíano conseghir, xa que son moi pareçidas ó castelán, excepto o Euskera, ó que se lle debería adicar un esforço adiçional.

Ademáis, nos medios informativos públicos do estado, é diçir, na RTVE deberíanse de emitir proghramas nestas língoas, para difundir así as distintas culturas deste país. E ademáis , hai que ter en conta que nós tamén a paghamos.

Penso que si esto se fixese así, se todos os españois tivesen uns coñeçementos do resto dos idiomas deste país, evitaríanse moitos conflictos relaçionados con este tema ou cos naçionalismos. Porque os prexuizos que teñen o resto dos españois con respecto a Galiza, Cataluña ou Euskalerría son derivados do descoñeçemento das nosas respectivas idiosincraçias. Porque estes prexuízos existen realmente, inda que pareça mentira. É moi común que cando nunha cadea de televisión naçional apareçe alghunha persoaxe falando ghalegho, catalán ou euskera, os casteláns protesten, no canto de façer un pequeno esforço por entender o que está a diçir.

En definitiva, espero que a miña pequena contribuçión sirva para dignificar o "Ghalegho", para que ninguén se avergoñe del, para dalo a coñeçer polo mundo enteiro mediante a rede, que no noroeste da península ibérica temos unha língoa propia, que é tan válida coma calquer outra, unha língoa universal falada por millóns de persoas.

Quero darlle as ghraçias ós meus pais, finalmente, por educarme nunha língoa tan poética e musical.

Unha cantiga de Alfonso X

207
[E]sta é como un cavaleiro poderoso levava a mal outro por un fillo que lle matara, e soltó-o en hûa eigreja de Santa Maria, e disse-lle a Magestade «gracias» poren.
Se ome fezer degrado
Demostrar-ll' averá ela Desto vos direi miragre,
que mostrou Santa Maria
a un mui bon cavaleiro
que ena servir metia
Se ome fezer degrado...

El avia un seu fillo
ca ssi, e un cavaleiro
do fillo foi el prende-lo,
u el seu fillo matara,
Se ome fezer degrado...

E el levando-o preso
e o pres' entrou pos ele,
e pois que viu a omagen
e omildou-ss' a omagen
Se ome fezer degrado...

pola Virgen algun ben,
sinaes que lle pral en.ond' averedes sabor,
con merce' e con amor
e seu quito servidor,
seu coragon e seu sen.

que sabia i-nais amar
matou-llo. E con pesar
e quisera-o matar
que lle non valvesse ren.

en hûa eigreja 'ntrou,
e el del non sse nenbrou;
da Virgen y, [o] soltou,
e disso «graças» poren.

   

Chuzame! chuzame -

Parque natural do vilar

O auténtico buscador ghallegho

jujel

Imaxes da terriña

A lúa ten tanta influença en nós que é interesante sabela súa fase.

O DÍA MAILA HORA

Os artigos publicados neste mes

Agosto 2008
L M M X V S D
« Xun    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
3K2 theme by Hakan Aydin