Pesquisas de bitácoras en ghallegho

SARGADELOS EN PERIGO

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo

Tódalas entradas

Archive for the 'Iruña' Category

Montes e vales conforman a comarca da “cunca de Iruña”Dende fai uns días cheghou xa o bo tempo, ou mellor dito o calor do vrán e a ausençia de choivas (non se pode considerar bo tempo estar a máis de 35 ghrados dende o meu punto de vista), polo que é unha boa ocasión pra sacala biçi e dar uns gharbeos por eiquí. Na Nafarroa hai moita afiçión polo çiclismo (Induráin naçeu nun pobo á beira de Iruña), i eso nótase máis aghora nestes días despexados, anque normalmente todo o ano se poden ver çiclistas polas estradas dista fermosa terra. Alghúns deles son peleghríns, xa que hai que ter en conta que o camiño de Santiagho cruza os Pirineos pola comunidade foral.

Parte do roteiro pola serra ca cidade de Iruña ó fondoO manso r�o transcurre entre a autopista e as leirasDende istas alturas a miña insignificançia faise patente

Entón, como non podía ser menos, eu tamén saín ás corredoiras coa miña biçicleta, para ademáis de poñerme en forma descubrir novas paraxes que ata o de aghora eran descoñeçidos pra mín. E abofé que pagha a pena, porque entre outras cousas, aquí hai unha chea de roteiros pra calquer aventureiro profano e con calquer vehículo de transporte

.A materia prima do pan, na leiraTrigho duroA beleça está no contraste

O que está ben claro, e así o ilustra o vídeo que poño a contínuaçión é que o meu estado, físico é deplorable, pero impúsenme como meta melloralo e non baixarme máis do biçiclo no que me queda de vida, así chova ou trone, vrán e inverno, primaveira e outono. A ver si no vindeiro vídeo que colghe non me canta tanto a respiraçión.O esforço dun profanoUn pequeno esforço máis…

Quero excusarme pola mala calidade do vídeo, pero é que non tiña a cámara e ghrabino coa cámara de fotos.

P.D: Xa me esqueçía de poñelo enlaçe da páxina onde encontrei o itinerario diste roteiro. Napar bideak, que ven sendo "rutas de Navarra", e a que fixen en parte aquí.

Chuzame! chuzame -

Modificando a faciana da bitácora

Pouco a pouco vou descubrindo novos aspectos da bitácora pra ir desenrolándoa ó meu xeito. A verdade é que ten a súa historia isto, pero fedellando por eiquí e por aló atopo novas cousas pra incorporar, anque inda se me resiste o máis importante, que é o encabezamento.

As que seguen son unhas imaxes de bastante mala calidade, xa que foron extraidas dunhas grabaçons de vídeo. Todas elas son de Nafarroa

cap0055.jpgSerra de Alaitz nevadaMuiños de vento na serra do Perdón. NavarraBoitres nunha granxaHiga de Monreal nevada. Iruña

cap0004.jpg

Chuzame! chuzame -

Parque natural do vilar

O auténtico buscador ghallegho

jujel

Imaxes da terriña

A lúa ten tanta influença en nós que é interesante sabela súa fase.

O DÍA MAILA HORA

Os artigos publicados neste mes

Agosto 2008
L M M X V S D
« Xun    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
3K2 theme by Hakan Aydin