EU SON EU TI ES TI http://cruxens.blogaliza.org UNHA XANELA ABERTA Ó MUNDO VIRTUAL Lun, 23 Xuñ 2008 22:44:51 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7 Ruta çiclista pola comarca de Iruña http://cruxens.blogaliza.org/2008/06/23/ruta-ciclista-pola-comarca-de-iruna/ http://cruxens.blogaliza.org/2008/06/23/ruta-ciclista-pola-comarca-de-iruna/#comments Mon, 23 Jun 2008 22:38:16 +0000 http://cruxens.blogaliza.org/2008/06/23/ruta-ciclista-pola-comarca-de-iruna/ Montes e vales conforman a comarca da “cunca de Iruña”Dende fai uns días cheghou xa o bo tempo, ou mellor dito o calor do vrán e a ausençia de choivas (non se pode considerar bo tempo estar a máis de 35 ghrados dende o meu punto de vista), polo que é unha boa ocasión pra sacala biçi e dar uns gharbeos por eiquí. Na Nafarroa hai moita afiçión polo çiclismo (Induráin naçeu nun pobo á beira de Iruña), i eso nótase máis aghora nestes días despexados, anque normalmente todo o ano se poden ver çiclistas polas estradas dista fermosa terra. Alghúns deles son peleghríns, xa que hai que ter en conta que o camiño de Santiagho cruza os Pirineos pola comunidade foral.

Parte do roteiro pola serra ca cidade de Iruña ó fondoO manso r�o transcurre entre a autopista e as leirasDende istas alturas a miña insignificançia faise patente

Entón, como non podía ser menos, eu tamén saín ás corredoiras coa miña biçicleta, para ademáis de poñerme en forma descubrir novas paraxes que ata o de aghora eran descoñeçidos pra mín. E abofé que pagha a pena, porque entre outras cousas, aquí hai unha chea de roteiros pra calquer aventureiro profano e con calquer vehículo de transporte

.A materia prima do pan, na leiraTrigho duroA beleça está no contraste

O que está ben claro, e así o ilustra o vídeo que poño a contínuaçión é que o meu estado, físico é deplorable, pero impúsenme como meta melloralo e non baixarme máis do biçiclo no que me queda de vida, así chova ou trone, vrán e inverno, primaveira e outono. A ver si no vindeiro vídeo que colghe non me canta tanto a respiraçión.O esforço dun profanoUn pequeno esforço máis…

Quero excusarme pola mala calidade do vídeo, pero é que non tiña a cámara e ghrabino coa cámara de fotos.

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/JDkk6m8DtI0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

P.D: Xa me esqueçía de poñelo enlaçe da páxina onde encontrei o itinerario diste roteiro. Napar bideak, que ven sendo “rutas de Navarra”, e a que fixen en parte aquí.

]]>
http://cruxens.blogaliza.org/2008/06/23/ruta-ciclista-pola-comarca-de-iruna/feed/ 4
Verdades e mentiras sobre a tarifa nocturna eléctrica. http://cruxens.blogaliza.org/2008/06/08/verdades-e-mentiras-sobre-a-tarifa-nocturna-electrica/ Sun, 08 Jun 2008 20:01:30 +0000 http://cruxens.blogaliza.org/2008/06/08/verdades-e-mentiras-sobre-a-tarifa-nocturna-electrica/ Tala ileghal de piñeiros pra instalar postes da lus en AghiñoTALA ILEGHAL NO CAMPO DE “MOTOCROSS” EN COUSO, AGHIÑO, PRA INSTALAR POSTES ELÉCTRICOS. IMAXE TIRADA O 20 DE MARZAL DO PRESENTE ANO.

Despóis de varios meses metido no mundillo iste das bitácoras, vou desentrañar un dos segredos que non quería desvelar, pero o tema que quero tratar ten moito que ver. Trátase simplemente de cal é a miña profesión actual, i é que me dedico a electriçidade, en concreto traballo para “Ibertrola”, por medio dunha subcontrata en Nafarroa. O cal me dá çerta autoridade pra falar diste tema tan discutido últimamente. Anque na Galiza ista empresa non suministra electriçidade, os datos son extrapolables, xa que as normativas neste eido son prácticamente ighuais a nivel naçional, e se me descoido tamén a nivel europeo.

Pois ben, só quero alumear dentro das miñas podibilidades a cuestión.

En primeiro lughar, como é ben sabido por todos, a partires de Xullo a tarifa nocturna tal como se coñeçe vai desapareçer*, sendo sustituida por outra á cal lle chaman “Discriminaçión horaria(DH), ou Dous Períodos (2P)”, polo que se armou un ghran revuelo entre moitos dos consumidores, que pensan que deixaría de existir, sin darse conta que simplemente se modifican as condiçións
O problema prinçipal parte das compañías eléctricas, prinçipalmente por non suministrar informaçión sufiçiente e clara, porque lles dín ós clientes que a T.N. desapareçe e non que existe unha nova que a sustitúe. Logho, os clientes, mal informados pola meirande parte dos medios de comunicaçión armaron as protestas coa axuda das asoçiaçións de consumidores, as cales non informaron a aqueles debidamente. Cheghados a iste punto, simplemente vou façer unha comparaçión entre T.N. e a D.H.

Tomaremos como referençia unha vivenda normal, cunha potençia contratada de 4.6kw, máis que sufiçiente.

T.N: A tarifa nocturna ten un horario de horas valle de 00:00 ata 08:00 e horas punta de 08:00 a 00:00, é diçir, son OITO horas co preçio reduçido e DEZASEIS co preçio con recargho.

D.H: A tarifa de discriminaçión horario ten un horario de horas valle de 22:00 ata 12:00 e horas punta de 12:00 a 22:00, o que significa que temos CATORÇE horas de preçio reduçido e DEZ horas con recargho.

O GhaloAnte istes datos os arghumentos dos que están en contra do cambio (que quede ben claro que a min paréçeme positivo) son que se encareçe o preçio do kw, tanto en horas valle como en horas punta. Pero façendo unha comparativa entre as diferençias de preçio temos o seghinte:

Horas punta: Para un consumo de 100 kw o aumento sería de 2,3047 euros nas horas punta, e de 0,3070 nas horas valle.

Cómo se pode ver, é unha diferençia que se compensa sobradamente co aumento de SEIS horas no tramo “nocturno” (case o dobre que ca TN). Ademáis, se tanto lle preocupa ós consumidores que lles aumente a factura da lus, deberían pensar en aforrar e non derrochar tanta enerxía, porque seghuro que ises mismos non poñen bombillas de baixo consumo, ou non compran electrodomésticos máis efiçientes, etc, etc…

O que está claro, e a conclusión que se pode sacar de todo o dito ata o de aghora, é que primeiro hai que façer “números”, e logho poderemos diçir si é mellor ou pior, e protestar ou non. Tamén hai que diçir que os medios de comunicaçión deberían de axudar neste senso, e non enlamar máis, que é o que fan a maioría. Non esquençamos que son un serviçio á soçiedade.

P.D: Os últimos datos dos que dispoño son que debido as protestas dos consumidores (animados polos “mass media”) pareçe ser que queren dar marcha atrás no cambio da tarifa nocturna, anque non é nada seghuro.

Tódolos datos sobre horarios e tarifas foron recollidos da páxina web de “Ibertrola”.

]]>
Día das Letras Galegas http://cruxens.blogaliza.org/2008/05/17/dia-das-letras-galegas/ Sat, 17 May 2008 17:35:46 +0000 http://cruxens.blogaliza.org/2008/05/17/dia-das-letras-galegas/ O que ven cheo de frores

e o que vai cheo de soños

ise si que chega lonxe!

Pitas
Hoxe, 17 do maio do 2008 çelebrámolo “día das letras galegas“, adicado nesta ocasión ó editor, erudito, escritor e investighador histórico-arqueolóxico da literatura ghalegha medieval, Xosé María Álvarez Blázquez

O motivo de que sexa ista data na que se çelebren as letras galegas é porque foi cando se publicou os “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro, conmemorando así a publicaçión da obra coa que “se ençetou o prestixio contemporáneo da literatura ghalegha”.

No 1963, çelebróuse por primeira vez, co gallo do çentenario da publicaçión da obra de Rosalía, mediante a proposta de tres membros numerarios da Real Academia Galega.

Iste día é un bo motivo para arrechegharse un pouco a vida e a obra dos nosos máis importantes intelectuais, xente que defendía e estudiaba a nosa cultura, dignificándoa e sacudindo os complexos que nos foron impoñendo perante séculos.

Álvarez Blázquez alumeou cos seus estudios unha parte da nosa literatura prácticamente esqueçida, mergullándose nos cantares e romances medievais, tentando desentrañar ás orixes ghaleghas neles.

No discurso de inghreso na R.A.G. láiase de que se perderan pra sempre moitos deses romançes e cantares pola falta dalghún editor que se preocupase de editalos, anque aghradeçe á tradiçión oral a conservaçión dos poucos que nos chegharon, ghraçias ós “teimosos beizos populares”.

Ghraçias Xosé María por todo o traballo que fixestes, o pobo ghalegho estará sempre en deuda contigho.

Ghraçias por traballar arreo cando non era fáçil façelo na “longa noite de pedra”.

Ti e máis eu, miña nena

andamos a brincar

ás casiñas nas praias,

ós navios no mar…

As casas son de cuncha,Marux�a

os barcos de papel.

Ti e máis eu nos tornamos

feitos de nacre inxel…

]]>
Poesía contra a ignorancia http://cruxens.blogaliza.org/2008/05/17/poesia-contra-a-ignorancia/ Sat, 17 May 2008 01:40:57 +0000 http://cruxens.blogaliza.org/2008/05/17/poesia-contra-a-ignorancia/ Deitado fronte ó marDEITADO FRENTE Ó MAR…

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño…

]]>
Escribir ghalegho na rede. http://cruxens.blogaliza.org/2008/05/11/escribir-ghalegho-na-rede/ http://cruxens.blogaliza.org/2008/05/11/escribir-ghalegho-na-rede/#comments Sun, 11 May 2008 19:09:45 +0000 http://cruxens.blogaliza.org/2008/05/11/escribir-ghalegho-na-rede/ Un dos motivos máis importantes polo que empregho o “ghalegho” nos artigos que escribo ou nos comentarios que deixo en outras bitácoras é fundamentalmente porque é a lingoa que mamín, que aprendín na casa dos meus pais e coa que me relaçionín toda a miña vida no meu pobo. Porque é a miña língoa, e sei que non é inferior a nigunha outra. Porque estou fóra da miña terra e neçesito expresarme de vez en cando no idioma que me é propio.
Tamén, sendo consçiente do contaminada que está polo castelán (fundamentalmente na miña comarca) coido que é unha maneira de “purificala”, e practicala mediante a escritura.

Sendo o ghalegho unha língoa ofiçial do estado español, coido que se debería de enseñar en todo o país, non só na Galiza, así como as outras língoas ofiçiais (catalán, euskera). Non digho que se aprenda perfectamente, pero polo menos uns coñeçimentos básicos. Unha hora semanal na escola sería sufiçiente, unha asignatura que se podería chamar algho así como “Língoas Ibéricas”.

De calquer maneira, penso que se os casteláns fixesen un pequeno esforço por entendalas nosas língoas, poderíano conseghir, xa que son moi pareçidas ó castelán, excepto o Euskera, ó que se lle debería adicar un esforço adiçional.

Ademáis, nos medios informativos públicos do estado, é diçir, na RTVE deberíanse de emitir proghramas nestas língoas, para difundir así as distintas culturas deste país. E ademáis , hai que ter en conta que nós tamén a paghamos.

Penso que si esto se fixese así, se todos os españois tivesen uns coñeçementos do resto dos idiomas deste país, evitaríanse moitos conflictos relaçionados con este tema ou cos naçionalismos. Porque os prexuizos que teñen o resto dos españois con respecto a Galiza, Cataluña ou Euskalerría son derivados do descoñeçemento das nosas respectivas idiosincraçias. Porque estes prexuízos existen realmente, inda que pareça mentira. É moi común que cando nunha cadea de televisión naçional apareçe alghunha persoaxe falando ghalegho, catalán ou euskera, os casteláns protesten, no canto de façer un pequeno esforço por entender o que está a diçir.

En definitiva, espero que a miña pequena contribuçión sirva para dignificar o “Ghalegho”, para que ninguén se avergoñe del, para dalo a coñeçer polo mundo enteiro mediante a rede, que no noroeste da península ibérica temos unha língoa propia, que é tan válida coma calquer outra, unha língoa universal falada por millóns de persoas.

Quero darlle as ghraçias ós meus pais, finalmente, por educarme nunha língoa tan poética e musical.

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/K_ZGqkFSc2Q" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/k_sgIJSGWNU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Unha cantiga de Alfonso X

207
[E]sta é como un cavaleiro poderoso levava a mal outro por un fillo que lle matara, e soltó-o en hûa eigreja de Santa Maria, e disse-lle a Magestade «gracias» poren.
Se ome fezer degrado
Demostrar-ll’ averá ela Desto vos direi miragre,
que mostrou Santa Maria
a un mui bon cavaleiro
que ena servir metia
Se ome fezer degrado…

El avia un seu fillo
ca ssi, e un cavaleiro
do fillo foi el prende-lo,
u el seu fillo matara,
Se ome fezer degrado…

E el levando-o preso
e o pres’ entrou pos ele,
e pois que viu a omagen
e omildou-ss’ a omagen
Se ome fezer degrado…

pola Virgen algun ben,
sinaes que lle pral en.ond’ averedes sabor,
con merce’ e con amor
e seu quito servidor,
seu coragon e seu sen.

que sabia i-nais amar
matou-llo. E con pesar
e quisera-o matar
que lle non valvesse ren.

en hûa eigreja ‘ntrou,
e el del non sse nenbrou;
da Virgen y, [o] soltou,
e disso «graças» poren.

   

]]>
http://cruxens.blogaliza.org/2008/05/11/escribir-ghalegho-na-rede/feed/ 3
Unidos a prol do pobo saharaui http://cruxens.blogaliza.org/2008/05/06/unidos-a-prol-do-pobo-saharaui/ Tue, 06 May 2008 22:31:04 +0000 http://cruxens.blogaliza.org/2008/05/06/unidos-a-prol-do-pobo-saharaui/ SáharaCampaña de recollida de firmas para a soluçión do conflicto do Sáhara.

Colabora e firma o manifesto, non sexas insolidario.

]]>
Subtítulos ou dobraxe? http://cruxens.blogaliza.org/2008/05/04/subtitulos-ou-dobraxe/ Sun, 04 May 2008 15:49:57 +0000 http://cruxens.blogaliza.org/2008/05/04/subtitulos-ou-dobraxe/ Cando na tele sae alghén falando nun idioma extranxeiro, ou nos documentais, os responsables de emitilo tenden xeralmente a façer unha traduçión simultánea, polo que se escoita a propia voz orixinal e por riba a voz do traductor, de tal xeito que ás veçes nen oes a un nin ó outro. Penso que se queren façer unha traduçión simultánea o que deberían façer é silençiar o sonido orixinal, se non o resultado é inintelixible moitas veçes e sempre unha chapuça.

De calquer xeito, coido que se debería subtitular, de tal xeito que os que entendan a língoa orixinal poidan oíla, sen neçesidade de traduçión. Así mesmo serviría para que os que non sepan o idioma o poidan aprender, anque sei que unha língoa non se aprende só así, polo menos sí que axudaría.

Os responsables poderían obxetar que si só subtitulan, as persoas çeghas non poderían leélo, algho que non se sustenta porque o mesmo se podería diçir dos xordos co método que empreghan a maior parte das veçes.

Por suposto hai exçepçións, pero cómo se acostuma a diçir, confirman a reghla.

Mariñeiro con poutada

Para rematar con bó sabor de boca, poño unha foto dunha escultura dun mariñeiro con poutada, feito por Xosé de Aghiño, do colectivo Arteleira que non  ten nada que ver co artigo, pero saíume bastante ben, dende o meu punto de vista claro (a foto, non a escultura).

]]>
Campaña de Ghreenpeace pola conservaçión das fragas http://cruxens.blogaliza.org/2008/04/24/campana-de-ghreenpeace-pola-conservacion-das-fragas/ Thu, 24 Apr 2008 17:03:44 +0000 http://cruxens.blogaliza.org/2008/04/24/campana-de-ghreenpeace-pola-conservacion-das-fragas/ Greenpeace está promovendo unha campaña para a conservaçión das fragas do noso planeta. Entrando no seu sitio pódese partiçipar mediante a firma dun manifesto, que se trasladará ós ghobernos para impedir a ultraxe contínua dun dos bens máis universais.

Entra e partiçipa

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/4du2b0GpmXE" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

]]>
Calighrafía chinesa http://cruxens.blogaliza.org/2008/04/20/calighrafia-chinesa/ Sun, 20 Apr 2008 19:54:04 +0000 http://cruxens.blogaliza.org/2008/04/20/calighrafia-chinesa/ Dempóis de todo o bombardeo mediático sobre a represión do goberno chinés no Tíbet, os intentos de boicot do facho olímpico, etc… é o momento oportuno para coñecer a cultura china dende outra perspectiva, neste caso ocuparéime dos caracteres chineses, os hàn zì 汉字, xa que levo dúas semanas estudiándoos.

A calighrafía chinesa non é só un vehículo de expresar as verbas, está considerada unha arte en sí mesma, emparentada coa pintura, dança música, coa filosofía, e como non, coa poesía. Por eso, a meirande parte dos calighrafistas dominan tamén as outras artes. Ademáis, deben ser persoas ínteghras e amala xustiza, se non, anque o seu traballo fose bó, non serían tidos en conta polos seus comtemporáneos.

Os vestixios máis vellos que se teñen da lingoa escrita son os que se atoparon inscritos en osos de animais, cunchas de sapoconchos (Jia gu wen) e en obxectos de bronçe (Jin wen), datados en fai uns 5000 ou 7000 anos

.Jiagu WenYin WenJin Wen

Os estilos máis importantes que hai son çinco, cada un cos seus derivados:

.Kai Shu, empreghado dende fai máis de mil anos, a máis nítida e fáçil pra leer.

Calighraf�a  楷書 kǎishū

Xing Shu, ou escritura rápida, a medio camiño entre o tipo anterior e o seguinte

Calighraf�a Xing Shu.

Cao Shu, literalmente “escritura de herba”, cursiva, o xeito máis rápido de escribir, e polo tanto o máis difíçil de ler.

Caligraf�a 草書 cǎoshū

Zhuan Shu, escritura de selos, a máis vella e referida ós “Jia gu wen”. Non se empregha na vida diaria

Caligraf�a 篆書 zhuànshū.

Li Shu, escritura de seghunda xeración que apareçeu aló polo siglo II antes da nosa era

.Caligraf�a 隸書 lìshū

Hai tres categorías de caracteres:

Pictogramas, que representan a imaxe da que se fala, por exemplo rén, que significa persoa 人 , ou mù, que é árbore ou madeira 木

Ideogramas, que dan unha idea do que se fala mediante asoçiaçión de pictogramas, qiú que é “preso” 囚 , ou lín que quer diçir fraga 林

Fonogramas, que son os máis abundantes, formado por outro carácter co que comparte pronunçiaçión e se lle acopla outro componente que o diferençie, case sempre un “radical”, que ademáis lle da o significado.Neste caso o radical está a esquerda, i é o radical de “auga”, shui 水 .

泅 pronunciado “qiú” e significa nadar,

淋 pronunçiado “lín” e quer diçir ” mollar, enxoito”

O número de caracteres rexistrado chegha ós noventa mil, anque os máis habituais son uns tres mil quinientos.

Para escribir un caracter chinés hai que seguir un orden que ven dado polos traços do que se compón, que poden ser de varias clases, tilde, línea horizontal, vertical, gancho, etc. Ademáis, considéranse que cada un ocupa un espaçio cuadrado, que ten que encherse cos traços que o forman, de tal xeito que haxa unha armonía entre o neghro da tinta e o branco do papel. Istes dous últimos elementos, xunto co pinçel e o tinteiro forman o tesouro de todo calíghrafo.Traços básicos e orden de escrituraTesouros do Escritorio

Façer unha obra calighráfica é coma pintar un cuadro, hai que ter presente a composiçión xeral así como os aspectos máis pequechos. Alghúns pintores oçidentais, dalghunha maneira aproximáronse a ésta arte nalghúns dos seus traballos, como Miró, o suiço Paul Klee ou o xermano W. Kandinsky

Autorretrato de Joan Miró

A verdade, cando me embarquín nesta aventura de aprender “mandarín”, non me podía imaxinar o descoñeçida que é esta ghran cultura pra min. E tampouco podía pensar que me iba a apasionar tanto, e o mellor é que moi divertido.

Pintura como estensión da caligraf�aLúa e ghamela, de Xu Futong

Uns exemplos de verbas simpáticas:

饿 È: Fame

哭 Ku: Chorar

了 Le: Partícula de pasado (comparable ó noso “e qué ló!”)

马 Ma: Ó final dunha frase convírtea en interroghativa

五 Wu: Çinco

Os meus primeiros pasos nesta difíçil arte

Primeiros pasosPrimeiros pasos II

Alghún vídeo

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/okqZla0oaOE" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/noBlKOw4OhA" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/ch6tl7rDFA0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Fuentes:

Caligrafía china, de Chen Tingyou

Todochina.com

Wikipedia

Sepiensa.org

]]>
Chás carraschás http://cruxens.blogaliza.org/2008/03/26/chas-carraschas/ Wed, 26 Mar 2008 00:02:18 +0000 http://cruxens.blogaliza.org/2008/03/26/chas-carraschas/ Algho que caracteriça a unha terra é a arquitectura. E refírome á arquitectura popular

Nos tempos nos que estamos, e coa preocupaçión pola deghradaçión do medio, a arquitectura xogha un papel fundamental. Os nosos antepasados construían as súas casas dun xeito moi determinado, que era como consecuençia da climatoloxía e das materias primas fundamentalmente, que existían no lughar, de xeito que se integhraban armóniosamente alí onde se façían.

Casa tradiçional en Aghiño

Un destes materiais que se empreghaban por aquí eran as cunchas de vieiras, en concreto a valva plana.

Valva plana

Normalmente a función que tiñan era protexer o “penal” da casa da humidade, xa que se orientaba cara o sur suroeste, i é por onde entran as borrascas na ría. Recubríase totalmente a parede (normalmente con só unha ventena pequecha na parte alta)dende abaixo a arriba montando un poquiño ençima unhas de outras, e peghadas con cal?. Así, conseghuíase unha proteçión total, unha integhraçión perfecta e unha reçiclaxe como non se coñeçe nos nosos días.

Iste é lo, o chas carraschás das veiras, a percusión das casas feita parede.

Casa en Sta. Ux�a de Riveira

Por todo isto, coido que o futuro da construçión debería ser bioclimático, e os que máis nos poden aprender son os nosos anterghos, porque xa fai “moitísimos” anos aquí façíanse vivendas bioclimáticas.

Penal da casa cuberto de cunchas

Arquitectura popular é ighual a arquitectura bioclimática

]]>