Tódalas entradas



Ciclo de Cinema Social

Ista semana çelébrase en Sta. Uxía de Riveira un çiclo de çinema soçial (entre o Mércores e Xoves), onde se poderá ver o documental “Cabo Verde sabi”, con guión e dirección de Manuel Masada e Xosé A. Moure, ademáis das curtametraxes “Binta e a grande idea” de Javier Fesser, “Vilaboa, mirando á Meca“, con guión de Cristina Feal e Patricia Martínez e dirixida por Álvaro Gago e “Mundo bazar” dirixida por Sabela Pernas e guión desta última e Marta Ramos.

Dito isto, quero feliçitar ó conçello de Santa Uxía e concretamente á conçellería de cultura pola iniçiativa. Xa iba sendo hora de que na nosa bisbarra se çelebrasen actos deste tipo, que inda que non é unha terra reçeptora de inmighrantes, xa hai uns cantos. De feito, moitos barcos completan as tripulaçións con xente doutros paises, o que fai que cada ves haxa máis. Ata tal punto que en Aghiño xa viven alghúns.

Espero que as autoridades (o conçello) aprenda ca experiençia doutros lughares (experiençias neghativas e positivas) a tratar un tema tan delicado. Dende logho, actuaçións deste tipo son as que fan falta nuns tempos nos que os inmighrantes son considerados por moitos cómo perxudiçiais pra nosa terra, esqueçendo que NÓS tamén fumos (e somos moitos aínda) inmighrantes.

Polo tanto, benvida ista iniçiativa do Conçello, e que se repita tódolos anos, e a poder ser, se amplie con outras moitas.

Riveira

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/nMdfoUTbiPU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

ACTUALISAÇIÓN

Por çerto, que tamén se çelebra a ghran Festa da Choiva no fin de semana. A bailaaar


1 Response to “Ciclo de Cinema Social”

  1. 1 irakere

    Por certo, Ribeira escríbese con be…


Os artigos publicados neste mes

Marzo 2008
M T W T F S S
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
3K2 theme by Hakan Aydin