Tódalas entradas



Un parque ou urbaniçar?

Çementar ou recuperar?

Construir ou non construir?

Façemos unha urbaniçaçión ou un “hotel”, ou recuperamos o que no seu día foi un monte?

Ista posiblemente sexa unha preghunta que se fan moitos veçiños de Castiñeiras, parroquia de Sta. Uxía de Riveira.

Na punta da pequena bahía que conforma o porto de Castiñeiras levantábase unha fábrica de conservas, nun lugar privilexiado no que antes había un pinar, desapareçido ó construila fábrica. O dilema amósasenos a raís dun incendio (provocado?) que devorou a fábrica de marras, o cal espertou o interés urbanístico do lughar. Pareçe ser que os propietarios son xente influinte ( e foráneos) e non está moi claro que queren façer.

Ista debería ser, dende o meu punto de vista, unha oportunidade única para darlle a ésta terra o que se mereçe despois de tantos anos de abandono e desidia por parte das autoridades ( tanto locais como rexionais).

Recuperar éste belo enclave para o disfrute da xente sería o máis adecuado, façer un pequeno parque onde poder estar tan preto do mar, un lughar que serviría tamén pra calquer çelebraçión do pobo, como as festas partonais, onde os cativos poidexen xoghar e os vellos tomalo sol nas tardiñas do vrán.

Un lughar, en definitiva, onde o çemento estivese desterrado.

SEÑORES GHOBERNANTES, VELAEIQUÍ TEDES A VOSA OPORTUNIDADE PARA RECUPERAR A CONFIANÇA DO POVO

Porto de Castiñeiras

Porto de Castiñeiras 1

Aquí dous enlaces as imaxes da fábrica
Fábrica. 1
Fábrica.2


Os artigos publicados neste mes

Marzo 2008
M T W T F S S
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
3K2 theme by Hakan Aydin