Tódalas entradas



Chás carraschás

Algho que caracteriça a unha terra é a arquitectura. E refírome á arquitectura popular

Nos tempos nos que estamos, e coa preocupaçión pola deghradaçión do medio, a arquitectura xogha un papel fundamental. Os nosos antepasados construían as súas casas dun xeito moi determinado, que era como consecuençia da climatoloxía e das materias primas fundamentalmente, que existían no lughar, de xeito que se integhraban armóniosamente alí onde se façían.

Casa tradiçional en Aghiño

Un destes materiais que se empreghaban por aquí eran as cunchas de vieiras, en concreto a valva plana.

Valva plana

Normalmente a función que tiñan era protexer o “penal” da casa da humidade, xa que se orientaba cara o sur suroeste, i é por onde entran as borrascas na ría. Recubríase totalmente a parede (normalmente con só unha ventena pequecha na parte alta)dende abaixo a arriba montando un poquiño ençima unhas de outras, e peghadas con cal?. Así, conseghuíase unha proteçión total, unha integhraçión perfecta e unha reçiclaxe como non se coñeçe nos nosos días.

Iste é lo, o chas carraschás das veiras, a percusión das casas feita parede.

Casa en Sta. Ux�a de Riveira

Por todo isto, coido que o futuro da construçión debería ser bioclimático, e os que máis nos poden aprender son os nosos anterghos, porque xa fai “moitísimos” anos aquí façíanse vivendas bioclimáticas.

Penal da casa cuberto de cunchas

Arquitectura popular é ighual a arquitectura bioclimática


Os artigos publicados neste mes

Marzo 2008
M T W T F S S
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
3K2 theme by Hakan Aydin