Tódalas entradas



Subtítulos ou dobraxe?

Cando na tele sae alghén falando nun idioma extranxeiro, ou nos documentais, os responsables de emitilo tenden xeralmente a façer unha traduçión simultánea, polo que se escoita a propia voz orixinal e por riba a voz do traductor, de tal xeito que ás veçes nen oes a un nin ó outro. Penso que se queren façer unha traduçión simultánea o que deberían façer é silençiar o sonido orixinal, se non o resultado é inintelixible moitas veçes e sempre unha chapuça.

De calquer xeito, coido que se debería subtitular, de tal xeito que os que entendan a língoa orixinal poidan oíla, sen neçesidade de traduçión. Así mesmo serviría para que os que non sepan o idioma o poidan aprender, anque sei que unha língoa non se aprende só así, polo menos sí que axudaría.

Os responsables poderían obxetar que si só subtitulan, as persoas çeghas non poderían leélo, algho que non se sustenta porque o mesmo se podería diçir dos xordos co método que empreghan a maior parte das veçes.

Por suposto hai exçepçións, pero cómo se acostuma a diçir, confirman a reghla.

Mariñeiro con poutada

Para rematar con bó sabor de boca, poño unha foto dunha escultura dun mariñeiro con poutada, feito por Xosé de Aghiño, do colectivo Arteleira que non  ten nada que ver co artigo, pero saíume bastante ben, dende o meu punto de vista claro (a foto, non a escultura).


Os artigos publicados neste mes

Maio 2008
M T W T F S S
« Abr   Xuñ »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
3K2 theme by Hakan Aydin