Tódalas entradas



Escribir ghalegho na rede.

Un dos motivos máis importantes polo que empregho o “ghalegho” nos artigos que escribo ou nos comentarios que deixo en outras bitácoras é fundamentalmente porque é a lingoa que mamín, que aprendín na casa dos meus pais e coa que me relaçionín toda a miña vida no meu pobo. Porque é a miña língoa, e sei que non é inferior a nigunha outra. Porque estou fóra da miña terra e neçesito expresarme de vez en cando no idioma que me é propio.
Tamén, sendo consçiente do contaminada que está polo castelán (fundamentalmente na miña comarca) coido que é unha maneira de “purificala”, e practicala mediante a escritura.

Sendo o ghalegho unha língoa ofiçial do estado español, coido que se debería de enseñar en todo o país, non só na Galiza, así como as outras língoas ofiçiais (catalán, euskera). Non digho que se aprenda perfectamente, pero polo menos uns coñeçimentos básicos. Unha hora semanal na escola sería sufiçiente, unha asignatura que se podería chamar algho así como “Língoas Ibéricas”.

De calquer maneira, penso que se os casteláns fixesen un pequeno esforço por entendalas nosas língoas, poderíano conseghir, xa que son moi pareçidas ó castelán, excepto o Euskera, ó que se lle debería adicar un esforço adiçional.

Ademáis, nos medios informativos públicos do estado, é diçir, na RTVE deberíanse de emitir proghramas nestas língoas, para difundir así as distintas culturas deste país. E ademáis , hai que ter en conta que nós tamén a paghamos.

Penso que si esto se fixese así, se todos os españois tivesen uns coñeçementos do resto dos idiomas deste país, evitaríanse moitos conflictos relaçionados con este tema ou cos naçionalismos. Porque os prexuizos que teñen o resto dos españois con respecto a Galiza, Cataluña ou Euskalerría son derivados do descoñeçemento das nosas respectivas idiosincraçias. Porque estes prexuízos existen realmente, inda que pareça mentira. É moi común que cando nunha cadea de televisión naçional apareçe alghunha persoaxe falando ghalegho, catalán ou euskera, os casteláns protesten, no canto de façer un pequeno esforço por entender o que está a diçir.

En definitiva, espero que a miña pequena contribuçión sirva para dignificar o “Ghalegho”, para que ninguén se avergoñe del, para dalo a coñeçer polo mundo enteiro mediante a rede, que no noroeste da península ibérica temos unha língoa propia, que é tan válida coma calquer outra, unha língoa universal falada por millóns de persoas.

Quero darlle as ghraçias ós meus pais, finalmente, por educarme nunha língoa tan poética e musical.

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/K_ZGqkFSc2Q" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/k_sgIJSGWNU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Unha cantiga de Alfonso X

207
[E]sta é como un cavaleiro poderoso levava a mal outro por un fillo que lle matara, e soltó-o en hûa eigreja de Santa Maria, e disse-lle a Magestade «gracias» poren.
Se ome fezer degrado
Demostrar-ll’ averá ela Desto vos direi miragre,
que mostrou Santa Maria
a un mui bon cavaleiro
que ena servir metia
Se ome fezer degrado…

El avia un seu fillo
ca ssi, e un cavaleiro
do fillo foi el prende-lo,
u el seu fillo matara,
Se ome fezer degrado…

E el levando-o preso
e o pres’ entrou pos ele,
e pois que viu a omagen
e omildou-ss’ a omagen
Se ome fezer degrado…

pola Virgen algun ben,
sinaes que lle pral en.ond’ averedes sabor,
con merce’ e con amor
e seu quito servidor,
seu coragon e seu sen.

que sabia i-nais amar
matou-llo. E con pesar
e quisera-o matar
que lle non valvesse ren.

en hûa eigreja ‘ntrou,
e el del non sse nenbrou;
da Virgen y, [o] soltou,
e disso «graças» poren.

   


3 Responses to “Escribir ghalegho na rede.”

  1. 1 migramundo

    Estou de acordo contigo. Últimamente faise moita política á conta das linguas (non o digo por ti), cousa que, sinxelamente, nunca entendín. Eu só falo galego e español e algo de inglés, pero xa quixera ter bo oído para as linguas, cantas máis millor. As linguas naceron para comunicarse, pero hai sectores sociais moi empeñados no contrario, en dividir por empregar unha ou outra lingua, moitas veces argumentando excusas que amosan un grande descoñecemento da historia. Por exemplo, hai sectores que defenden a aprendizaxe de linguas estranxeiras por riba das nacionais porque así creen defender unha forma de entender o mundo máis actual, moderna e “libre”, cando non hai maior liberdade que falar libremente a lingua que un elixa, incluso según para que momento. Moitas desas persoas ignoran que no nome do inglés, do francés, do chinés e mesmo do español cometéronse moitos atropelos á dignidade das persoas, que viron morar a súa lingua pola imposición de outra. O bretón ou o gaélico son bos exemplos diso, máis aínda que no caso do galego. A mediodados dos oitenta, profesores bretóns admirábanse do avance do galego nas escolas (¡nos oitenta!) e contábanme que tiñamos moita sorte de ter unha sociedade tan tolerante e un idioma español menos asoballante. En fin, conteilles algunhas cousas… Para non enrrollarme máis direi que en galego ou en español, en birmán ou en árabe, as persoas debemos facer o posible por respectar as linguas dos demáis, dalas a coñecer e comunicármonos na que cada quen considere, aínda que para entendérmonos nun momento dado usemos unha, que podemos chamar franca, para que a comunicación sexa posible.
    Perdón pola extensión, pero cando me lanzo…
    Saúdos e grazas polas túas visitas e comentarios.

  2. 2 cruxens

    Ghraçias a ti Migramundo por enriqueçer ista humilde bitácora co teu comentario, e ghraçias tamén pola puntería que demostras cando escribes e por ilustrarnos nas cousas que aconteçen neste mundo. Leerte a tí cada día é abrir un pouco máis os ollos.
    Un saúdo.

  3. 3 generic viagra

    I was kind of addicted to the same thing that you had mentioned in this topic, but after reading your article, I realized that this ain’t what I have to suffer from or experience. I hope to work harder against this addiction.

    Regards,
    kamagra 100mg


Os artigos publicados neste mes

Maio 2008
M T W T F S S
« Abr   Xuñ »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
3K2 theme by Hakan Aydin