Tódalas entradas



Día das Letras Galegas

O que ven cheo de frores

e o que vai cheo de soños

ise si que chega lonxe!

Pitas
Hoxe, 17 do maio do 2008 çelebrámolo “día das letras galegas“, adicado nesta ocasión ó editor, erudito, escritor e investighador histórico-arqueolóxico da literatura ghalegha medieval, Xosé María Álvarez Blázquez

O motivo de que sexa ista data na que se çelebren as letras galegas é porque foi cando se publicou os “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro, conmemorando así a publicaçión da obra coa que “se ençetou o prestixio contemporáneo da literatura ghalegha”.

No 1963, çelebróuse por primeira vez, co gallo do çentenario da publicaçión da obra de Rosalía, mediante a proposta de tres membros numerarios da Real Academia Galega.

Iste día é un bo motivo para arrechegharse un pouco a vida e a obra dos nosos máis importantes intelectuais, xente que defendía e estudiaba a nosa cultura, dignificándoa e sacudindo os complexos que nos foron impoñendo perante séculos.

Álvarez Blázquez alumeou cos seus estudios unha parte da nosa literatura prácticamente esqueçida, mergullándose nos cantares e romances medievais, tentando desentrañar ás orixes ghaleghas neles.

No discurso de inghreso na R.A.G. láiase de que se perderan pra sempre moitos deses romançes e cantares pola falta dalghún editor que se preocupase de editalos, anque aghradeçe á tradiçión oral a conservaçión dos poucos que nos chegharon, ghraçias ós “teimosos beizos populares”.

Ghraçias Xosé María por todo o traballo que fixestes, o pobo ghalegho estará sempre en deuda contigho.

Ghraçias por traballar arreo cando non era fáçil façelo na “longa noite de pedra”.

Ti e máis eu, miña nena

andamos a brincar

ás casiñas nas praias,

ós navios no mar…

As casas son de cuncha,Marux�a

os barcos de papel.

Ti e máis eu nos tornamos

feitos de nacre inxel…


Os artigos publicados neste mes

Maio 2008
M T W T F S S
« Abr   Xuñ »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
3K2 theme by Hakan Aydin