Tódalas entradas



Un tocadiscos.

Hoxe estiven de ruta por Corella, un pobo do sur de Nafarroa. Estiven cun cliente ó que xa lle fixera unha baixa nun bazar que tiña neste conçello. Aquel día preghuntinlle por un tocadiscos que tiña e díxome que vendía todo o que había dentro, pero o tocadiscos tíñaoo apalabrado cun marroquí.

Hoxe, cando me atopín con el lembrei o tocadiscos e interesinme por el, e cal foi a miña sorpresa cando me dixo que volvía a estar á venda. Así que preguntéille cánto valía e respostou 90 euros.Primeiro parecéume pouco, pero cando iba pra casa xa non o tiña moi claro.

De calquer xeito foi unha boa inversión, e só me falta a aghulla e logho …a bailaaaaar!!!

Veloeiquí está:

O tocadiscos


4 Responses to “Un tocadiscos.”

  1. 1 Homesdepedra

    Xa tes un curruncho entre a “tripulacion” da bitacora dos HOMES DE PEDRA

    Se traes o tocadiscos , nomeamosche discjokey titular.

    Gustame a tua bitacora e as imaxes do mar de Aguiño. “Veireei” moitas veces esas rochas co meu barco cando traballaba a parella en Santa Uxia.

    Apertas e lemonos

  2. 2 migramundo

    Lémbrome moi ben do derradeiro tocadiscos que tiven. Hai dez anos que non o vexo, perdinlle a pista por motivos que non veñen ao caso; pero foi unha das perdas que máis magoa me causaron. Mercarao en Carballo, na tenda dun amigo que xa me fixera un bo prezo: 125.000 pesetas de mediados dos oitenta. Era un JVC con pletina, sintonizador e amplificador, máis dous altofalantes de primera. Parecíase a este teu. Xa non quedan, forman parte dun pasado de hight fidelity con pó. Se funciona, noventa euriños non me parece moito. Se cadra ha valer máis dentro dun tempo.
    Grazas pola túa visita e por tan amable comentario.

  3. 3 cruxens

    Gharçias por enrolarme na túa nave. Pensaba que nunca volvería a embarcar, pero o teu barco é distinto a tódolos demáis, pescas ialmas, e quedei atrapado no teu aparello.
    Saúdos dende terrra adentro!

  4. 4 cruxens

    Ghraçias a tí, Migramundo, por amosarnos outro xeito de ver a esa xentiña que ven doutros países, cómo os nosos devançeiros fixeron e façemos outros.


Os artigos publicados neste mes

Febreiro 2008
M T W T F S S
« Xan   Mar »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829  
3K2 theme by Hakan Aydin